O conselleiro de Educación asiste á inauguración da exposición de pintura de alumnos do Taller de Arte e Decoración, en Ourense

Lun, 02/01/2012 - 21:02
O conselleiro de Educación asiste á inauguración da exposición de pintura de alu
O conselleiro de Educación asiste á inauguración da exposición de pintura de alumnos do Taller de Arte e Decoración, en Ourense

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu esta tarde á inauguración da exposición de pintura de alumnos do taller de arte Taller de Arte e Decoración (TAD), que tivo lugar no Liceo Recreo Ourense.

Desde hoxe e ata o vindeiro 15 de xaneiro, inclusive, poderase visitar a mostra composta por 22 obras realizadas por seis alumnos e entre as que se incluíran paisaxes, pinturas ao óleo, así como algún bodegón, figuras e outras temáticas.

Trátase da terceira edición da Gran Exposición de Pintura, na que se da conta do traballo levado a cabo polos integrantes do centro. Cómpre recordar que o TAD abriu as súas portas no 2006, nun local do centro de Ourense, e ten como obxectivo ensinar a pintar e debuxar con todas as técnicas, sendo a máis empregada a do óleo.

Coa súa presenza o conselleiro volve a demostrar o seu apoio a todas aquelas actividades e accións que teñen como obxectivo completar a formación, neste caso a relativa ás artes.