O conselleiro de Educación mantén unha reunión co Padroado da Fundación Ventura Figueroa

Mér, 28/12/2011 - 17:00
O conselleiro de Educación mantén unha reunión co Padroado da Fundación Ventura
O conselleiro de Educación mantén unha reunión co Padroado da Fundación Ventura Figueroa

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidente do padroado da Fundación Ventura Figueroa reuniuse con vocais do padroado e o secretario xeral técnico de Educación, Jesús Oitavén.

No encontro, celebrado hoxe pola mañá en San Caetano, tramitouse a concesión de bolsas de axudas por valor de 41.600 euros. Deste xeito para a presente convocatoria haberá 20 axudas para estudantes que inicien ou continúen con estudos de grao.

Ademais tamén se tramitaron tres bolsas para continuar os estudos universitarios de terceiro ciclo ou os estudos oficiais de máster, e dúas para aqueles alumnos de estudos conducentes ao título de doutor.

A Fundación

Cómpre recordar que a labor da Fundación Ventura Figueroa esta centrada na actividade benéfica. A entidade, a máis antiga de Europa, foi fundada polos herdeiros de don Manuel Ventura Figueroa, figura destacada na historia de España durante o século XVII, época na que foi patriarca das Indias, arcebispo de Laodicea e gobernador do Consello e Cámara de Castilla.