Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2021

Lun, 27/06/2022 - 16:07

De conformidade co disposto no artigo 11 da Orde do 18 de abril de 2022 (DOG do 5 de maio) pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2021 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED 415A), procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

  • As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada (modelo emenda ao requirimento), e achegarán, se é o caso, a documentación necesaria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN DO 28 DE XUÑO AO 11 DE XULLO DE 2022.