O conselleiro de Educación mantén unha reunión con membros do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores

Mar, 27/12/2011 - 17:12
Reunión con membros do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores
O conselleiro de Educación mantén unha reunión con membros do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, mantiveron hoxe pola mañá na Consellería de Educación unha reunión con representantes do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores. Un encontro convocado para emitir ditame sobre os decretos dos currículos das ensinanzas de grao de música, conservación e restauración de bens culturais, artes escénicas e deseño.