Título node Learning object

AntarticLab CSIC (PROGRAMA BIANUAL PARA OS CURSOS 2022-23 E 2023-24)
Mar, 07/06/2022 - 16:50
Plan Proxecta+

Nota: durante o curso 2023/24 executarase a segunda parte do programa comezado no curso 2022/23, polo que non se aceptarán novas solicitudes de participación.

Ficha técnica

Institución:

  • Ministerio de Ciencia e Innovación
    • Subdirección Xeral de Investigación
      • Consejo Superior de Investigaciones Científicas

Ámbito: investigación / innovación


Definición: 

Antartic-Lab CSIC é un certame de ideas innovadoras en instrumentación e ensaios científicos, dirixido a estudantes de Formación Profesional, organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) a través da Casa de la Ciencia del CSIC en Galicia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o apoio tecnolóxico de MARINE INSTRUMENTS.

A iniciativa xira en torno á exploración e o descubrimento do continente antártico, no marco da proclamación por parte da UNESCO do "Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible 2021-2030”.

O certame representa unha oportunidade para dar visibilidade e por en valor as capacidades da Formación Profesional mediante o desenvolvemento de instrumentos ou o deseño de ensaios ou experimentos, en base á formación recibida. Os proxectos gañadores serán instalados e postos en funcionamento nas inmediacións da Base Antártica Española (BAE).

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 9. Industria, Innovación e Infraestrutura
  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 14. Vida submariña
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Temporización: curso completo.


Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de 1º curso de Formación Profesional

Límite de centros participante: non se establece un límite.

Límite de docentes participantes por centro: non se establece un límite.

Límite de alumnado participante por centro: non se establece un límite.

Criterios de participación:

A participación esta aberta a docentes e alumnado matriculado en Galicia, en Ciclos Formativos durante o ano académico 2022/2023.

Se poderá participar en dúas modalidades: individual ou en equipo (máximo 5 estudantes), para cada unha das dúas categorías (Outdoor & Indoor). En ambas modalidades é necesaria a implicación dun/ha docente en calidade de titor/a, para que dirixa e guíe aos estudantes no desenvolvemento do prototipo ou no deseño do ensaio. Un mesmo docente pode ser titor de varias propostas.

Se a participación é en equipo, recoméndase nomear a unha alumna ou alumno como responsable co obxecto de que actúe como portavoz do proxecto.

Criterios de selección:

O Xurado estará formado por persoal do CSIC, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e de MARINE INSTRUMENTS. Poderase completar se así o considera o Xurado, con persoal docente, profesionais do ámbito tecnolóxico e científico, etc.

Valoraranse as ideas innovadoras no desenvolvemento e obxecto do instrumento ou ensaio, por exemplo:

  • Sinxeleza no deseño e na construción/ensamblaxe das estruturas

  • Que sexa sostible, autónomo e resista as condiciones ambientais

  • Que presente unha solución escalable para se fose o caso, ampliar nun futuro o seu alcance e distribución en distintos puntos da base

  • Que busque ofrecer solucións a problemas ambientais, de conservación ou de habitabilidade do persoal da BAE

A proposta debe ser novidosa e poderá desenvolverse en calquera área científico-técnica. Os prototipos e os materiais dos ensaios deberanse poder transportar, nun embalaxe con tódolos seus elementos, cun tamaño máximo de 1 x 1 x 0.5 m.


Responsable do programa:

Nome: Luisa Martínez Lorenzo

Departamento: Consejo Superior de Investigaciones Científicas / Unidade de Cultura Científica

Teléfono: 981 552 788

Correo electrónico: ucc.galicia@csic.es


Xustificación

AntarticLab CSIC é un certame dirixido ao alumnado de Formación Profesional e que quere achegar o mundo da investigación científica máis alá do ámbito académico e dos laboratorios para chegar á maior parte da sociedade. A convocatoria deste certame o presente curso 2022/23 debe situarse dentro das accións que o CSIC desenvolve para divulgar as súa labor investigadora, pero tamén para captar talento dentro do alumnado de Formación Profesional; un alumnado fundamental á hora de desenvolver os instrumentos necesarios sen os cales a investigación científica sería imposible e que, por tanto, forman parte fundamental do proceso.

Obxectivos

• Poñer en valor as capacidades da Formación Profesional

• Ofrecer ao alumnado a oportunidade de por en práctica os coñecementos adquiridos a través do desenvolvemento dun prototipo ou do deseño dun experimento

• Fomentar colaboracións e encontros formativos no marco da Formación Profesional, con empresas do sector tecnolóxico

• Difundir as ideas e proxectos resultantes, acercando a exploración oceánica e a investigación polar á sociedade

• Estimular o interese pola tecnoloxía nos Ciclos Formativos

• Fomentar a cultura científica na sociedade

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas

Actividades

Formación: Charla “Xestión da propiedade industrial e intelectual” dirixida ás 12 propostas finalistas do certame.

Obradoiros: Apoio tecnolóxico as 12 propostas seleccionados en aspectos relacionados coa comunicación por satélite, electrónica, impresión 3D, etc. nas instalacións de MARINE INSTRUMENTS.

Saídas: Asistencia dos finalistas ao acto público de presentación das propostas. Data pendente de pechar, Santiago de Compostela, participan alumnado e docentes finalistas. Asistencia das propostas gañadoras, á saida do BO Sarmiento de Gamboa desde Vigo, con rumbo á Antártida.

      Recursos

      Produto final

      Desenvolvemento (en función da proposta seleccionada) dun prototipo ou dun ensaio científico.

      Criterios de avaliación da memorias final

      Criterios xerais do Plan Proxecta

      1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

      2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

      3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs, etc.), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

      Criterios específicos do programa

      4. Valoraranse as ideas innovadoras no desenvolvemento e obxecto do instrumento ou ensaio, por exemplo:

      • Sinxeleza no deseño e na construción/ensamblaxe das estruturas

      • Que sexa sostible, autónomo e resista as condiciones ambientais

      • Que presente unha solución escalable para se fose o caso, ampliar nun futuro o seu alcance e distribución en distintos puntos da base

      • Que busque ofrecer solucións a problemas ambientais, de conservación ou de habitabilidade do persoal da BAE

      A proposta debe ser novidosa e poderá desenvolverse en calquera área científico-técnica.

       

      Menús Learning object node R