Convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada na FP 2022

Mar, 15/03/2022 - 10:21

Publicada a convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2022.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 16 de marzo ata o 4 de abril de 2022, ambos os dous incluídos.