Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

V Xornada Debate sobre Discapacidade e Educación no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o 14 de decembro de 2011

Ven, 09/12/2011 - 13:02

Observatorio estatal de Discapacidade O Observatorio estatal de Discapacidade e a Xunta de Galicia organizan a V Xornada Debate sobre Discapacidade e Educación o 14 de decembro de 2011 no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Entre o máis salientable da Xornada están a comunicación inicial, “Diversificando a inclusión para incluír a diversidade. Unha aportación desde a norma”, de Manuel Rey Fernández, asesor da Consellería de Educación; dúas mesas-debate, “A atención á diversidade no sistema educativo” e “Estudantes universitarios con discapacidade”; e a presentación do libro “El impacto de la Convención Internacional sobre los derechos de las personas con discapacidad en la legislación educativa española”, a cargo das súas autoras, Inés de Araoz e María José Alonso Parreño.

Menú Advertisement

Xornadas

Sen términos