Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030

Xov, 10/02/2022 - 16:30

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde á Estratexia de Formación Profesional Galicia 2030, a folla de ruta para consolidar a Rede de centros integrados de FP de excelencia e fortalecer a personalización da formación. Estruturada en sete eixes e con 44 medidas concretas para acadar a consecución dos obxectivos estratéxicos marcados, a nova estratexia fai especial fincapé na presenza destas ensinanzas no rural e no impulso da empregabilidade.