Concesión do premio nacional Comenius Erasmus Junior (MAC) ao IES Monte Castelo de Burela (Lugo)

Mér, 07/12/2011 - 12:00

O galardón entregouse no contexto da V Feira de Valorización que se celebrou en Madrid o pasado 1 de decembro.  No evento participaron o director do centro Marcelino Luna, a profesora coordinadora de proxectos europeos Irene Paredes e unha das alumnas participantes no programa de intercambio Cristina González Maseda. O IES Monte Castelo obtivo o premio nacional Comenius Erasmus Junior (MAC)  pola participación no programa de intercambio Erasmus Junior no que participa o centro dende o curso 2009-2010 co centro Gymnazium Praha 10 da República Checa.

O galardón entregouse no contexto da V Feira de Valorización que se celebrou en Madrid o pasado 1 de decembro.  No evento participaron o director do centro Marcelino Luna, a profesora coordinadora de proxectos europeos Irene Paredes e unha das alumnas participantes no programa de intercambio Cristina González Maseda.

O IES Monte Castelo de Burela ten unha longa e frutífera participación en programas europeos

A acción Comenius de mobilidade de alumnado dou comezo no curso 2009-2010 e permite a escolarización nun pais estranxeiro do alumnado, de polo menos 14 anos, durante un prazo mínimo de 3 meses.