O2102034 Actualización normativa para a atención á diversidade

Curso "O2102034 Actualización normativa para a atención á diversidade" presencial no CFR de Ourense para analizar, reflexionar e contextualizar a normativa actual en materia de atención á diversidade.
Mar, 01/02/2022 - 11:31
O2102034 Actualización normativa para a atención á diversidade
O2102034 Actualización normativa para a atención á diversidade

Código do curso: O2102034

Título: Actualización normativa para a atención á diversidade

Modalidade: presencial no CFR de Ourense

Data límite de inscrición: 20 de febreiro de 2022

Horas presenciais: 8       Horas non presenciais: -       Horas totais: 8

Prazas: 20

Temporalización e horario:  16 e 23 de marzo de 17 a 20 horas e 30 de marzo de 17 a 19 horas.

Destinatarios:  todas as ensinanzas.

Obxectivos

  1. Analizar as novidades normativas relacionadas coa atención á diversidade.
  2. Reflexionar sobre as implicacións desta normativa para mellorar a inclusión no centro e na aula.
  3. Contextualizar os aspectos fundamentais da normativa relacionada coa atención á diversidade á realidade dos centros.

Contidos:

  1. Actualización normativa en relación á atención á diversidade.
  2. Implicación da normativa na organización do centro.
  3. A atención á diversidade na aula: novas perspectivas.

Relator: Manuel Trigás Verdini e Elena Urtiaga Estévez, do servizo de inspección educativa de A Coruña.

Asesora responsable da actividade: Rebeca Muñoz González (cfr.ourense.organizacionediversidade@edu.xunta.gal)

Menús CAFI node R

 

Sección