Cincuenta centros educativos galegos desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar

Cada un deles recibirá unha asignación de 2.500 € para organizar estas accións

A iniciativa ‘Lectura e Familias’ introdúcese este ano no marco do Plan Lía (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Xunta de Galicia

Dom, 09/01/2022 - 14:12

Un total de 50 centros educativos de toda Galicia desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo do curso 2021/2022. A Xunta vén de resolver a convocatoria desta nova iniciativa, Lectura e Familias, dotada con 125.000€.

Todos os centros participantes están integrados no Plan de Mellora Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e solicitaron participar neste novo programa, cuxo obxectivo é estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar, destinadas ao conxunto da comunidade educativa ou especificamente pensadas para a formación e a participación destas familias en experiencias de lectura e de traballo coa información e medios de comunicación.

Deste xeito, poderán intervir con mellores recursos e eficacia na formación dos seus fillos como lectores e usuarios de información.

Esta acción enmárcase no impulso da participación das familias nas bibliotecas que a Xunta realiza a través do Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) na que se ten avanzado de xeito significativo nos últimos anos a través de programas como os Clubs de Lectura, Hora de ler ou as Mochilas viaxeiras.

A relación de centros participantes é a seguinte:
 

PROVINCIA

LOCALIDADE

CENTRO

A Coruña

Arzúa

IES de Arzúa

A Coruña

Boiro

CEIP de Escarabote

A Coruña

Carnota

IES Lamas de Castelo

A Coruña

Cedeira

CEIP Nicolás del Río

A Coruña

Cedeira

IES Punta Candieira

A Coruña

Coristanco

CEIP Canosa-Rus

A Coruña

Coruña, A

CEE Nosa Señora do Rosario

A Coruña

Coruña, A

CEIP Emilia Pardo Bazán

A Coruña

Coruña, A

CEIP Rosalía de Castro

A Coruña

Culleredo

CRA de Culleredo

A Coruña

Culleredo

IES Rego de Trabe

A Coruña

Dodro

CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón

A Coruña

Fene

CEIP Plurilingüe de Centieiras

A Coruña

Ferrol

CEIP de Pazos

A Coruña

Laracha, A

CEIP de Caión

A Coruña

Muxía

CEIP dos Muíños

A Coruña

Outes

CEIP Plurilingüe de Outes

A Coruña

Rois

CPI Plurilingüe dos Dices

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP de Prácticas López Ferreiro

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP Mestre Rodríguez Xixirei

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Arcebispo Xelmírez I

A Coruña

Vilasantar

CEIP de Présaras

Lugo

Cervo

CEIP de Cervo

Lugo

Meira

CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz

Lugo

Monforte de Lemos

CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos

Lugo

Viveiro

CEIP Plurilingüe de Covas

Lugo

Viveiro

CEIP Plurilingüe Santa Rita

Lugo

Viveiro

EEI San Roque

Ourense

Barco de Valdeorras, O

CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

Ourense

Barco de Valdeorras, O

CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas

Ourense

Lobios

CEIP Plurilingüe do Xurés

Ourense

Rúa, A

IES Cosme López Rodríguez

Ourense

Xunqueira de Ambía

CEIP Padre Crespo

Pontevedra

Campo Lameiro

CEIP Pedro Antonio Cerviño

Pontevedra

Meaño

CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas

Pontevedra

Meis

CPI de Mosteiro-Meis

Pontevedra

Meis

CRA de Meis

Pontevedra

Moaña

CEIP de Quintela

Pontevedra

Moaña

CEIP Plurilingüe de Reibón

Pontevedra

Oia

CEIP de Refoxos

Pontevedra

Poio

CEIP Plurilingüe de Chancelas

Pontevedra

Pontevedra

CEIP A Carballeira

Pontevedra

Porriño, O

CEIP Plurilingüe Antonio Palacios

Pontevedra

Porriño, O

CEIP Plurilingüe da Ribeira

Pontevedra

Redondela

CEIP de Laredo

Pontevedra

Tui

CEIP de Rebordáns

Pontevedra

Tui

CEIP Plurilingüe Nº 1

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Frián-Teis

Pontevedra

Vigo

IES Castelao

Pontevedra

Vilanova de Arousa

IES A Basella