Resolución da convocatoria de Lectura e familias 21-22

Xov, 30/12/2021 - 10:53
be

Xúntase a Resolución do 29 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación de centros que reciben asignación para o funcionamento do programa de Lectura e familias, ao abeiro da convocatoria de 19 de novembro de 2021. Son 50 centros os que contan con asignación específica para desenvolver o devandito programa neste curso 2021/2022.