Concesión de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema univesitario de Galicia que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2021/2022

Mér, 01/12/2021 - 10:36

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data de novembro de 2021, elevar ao Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade a seguinte proposta de concesión de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema univesitario de Galicia que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2021/2022. Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a correspondente orde de resolución.