Concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21

Lun, 08/11/2021 - 08:45

Achégase o arquivo coas puntuacións definitivas e a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21, convocados pola Orde do 25 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 104, do 4 de xuño).