G2102022-Xuvenciencia. Aprender facendo

Actividade para levar a investigación científica a túa aula.
Ven, 15/10/2021 - 10:37
xuvenciencia

Destinatarios: Profesorado de ensino secundario e de formación profesional

Especialidades: Todas

Modalidade: curso presencial (7 h) e sesión telemática de presentación de resultados (1 h)

Número de horas: 8 h docencia

Prazas: 20

Organización:

Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia, Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias, Campus Universitario s/n, 27002 Lugo Correo electrónico: xuvenciencia@usc.es Web: www.usc.es/xuvenciencia

Dirección: María de la Merced Novo Rodríguez Secretaría: Marta Veiga Izaguirre

Horario:

• Sesión 1 (presencial, 3,5 h): 22 de outubro de 2021 (venres), 16:30-20 h. Wajih Al-Soufi e Ana Losada.

• Sesión 2 (presencial, 3,5 h): 29 de outubro de 2021 (venres), 16:30-20 h. Marta López e Mercedes Novo.

• Sesión 3 (videoconferencia, 1h): 10 de outubro de 2021 (mércores), 18-19 h. Marta López.

Obxectivos:

 Obxectivo xeral: crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos e científico-sociais.

 Obxectivos específicos:  Dar formación ao profesorado de ensino secundario na metodoloxía científica e investigadora.

Programa

Sesión 1:

INTRODUCIÓN

ACTIVIDADE 1 – DESEÑO DO EXPERIMENTO. Coñecemento previo, busca bibliográfica. Hipótese previa. Método e experimento proposto, modelo teórico, descrición matemática. Plan de traballo, datos necesarios.

ACTIVIDADE 2 – EXPERIMENTACIÓN. Montaxe experimental / equipamento. A libreta de laboratorio. O uso de táboas. A importancia das unidades. OBRADOIRO: determinación dunha curva de calibrado para a determinación fotométrica da concentración.

ACTIVIDADE 3 – ANÁLISIS DOS DATOS. (Follas de cálculo) Táboas de datos nunha folla de cálculo – formato, unidades. Representación gráfica dos datos – Regresión lineal – Recta de calibración. A incerteza, precisión, exactitude e a significación das medidas.

Sesión 2:

OBRADOIRO: Medidas de mostras problema segundo a hipótese proposta.

ACTIVIDADE 4 – ANÁLISIS DOS DATOS (Follas de cálculo). Táboas de resultados - Representación gráfica. Valores medios e erros. Diferencias significativas.

ACTIVIDADE 5 – INTERPRETACIÓN E DISCUSIÓN DE RESULTADOS. Comparación e interpretación dos resultados. Confirmación ou rexeitamento da hipótese Discusión, comparación co coñecemento previo, explicación dos resultados. Propostas de mellora do experimento ou de ampliacións.

ACTIVIDADE 6 – COMUNICACIÓN DE RESULTADOS DUNHA INVESTIGACIÓN. Comunicación mediante memoria ou artigo científico. Congresos: comunicación oral ou cartel científico. Uso de TICs (blog, redes sociais, etc.)

Sesión 3:

ACTIVIDADE 7 – PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS ORAIS OU CARTEIS CIENTÍFICOS. Cada participante (ou grupo) presentará o traballo realizado mediante cartel ou comunicación oral ao resto do grupo (tempo máximo de 3 min)Observacións:

 

Observacións:

A actividade terá lugar no CAFI e cada participante poderá traballar de xeito práctico cun kit individual.

É recomendable ter coñecementos co traballo con follas de cálculo e manexo de datos.