Listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, para as prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021/22

Lun, 13/09/2021 - 11:27

Resolución do 13 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021/22 (DOG núm. 113, do 16 de xuño).

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 13 de setembro e 13 de outubro de 2021), ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.