O conselleiro de Educación visita as instalacións dos CEIP Carballedo e Tenorio, en Cotobade, Pontevedra

Os colexios contan con cadansúa aula dixital composta por un ordenador portátil, encerado dixital interactivo e proxector

Lun, 14/11/2011 - 14:10
O conselleiro de Educación visita ao CEIP Carballedo
O conselleiro de Educación visita ao CEIP Carballedo

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo hoxe pola mañá visitando as instalacións e aos estudantes de centros educativos na provincia de Pontevedra.

Esta mañá o conselleiro desprazouse ata o concello de Cotobade e visitou o CEIP Carballedo, xunto ao director do mesmo Francisco Javier Guimarey, e parte do equipo directivo percorreu as instalación as que asisten preto de noventaalumnas e alumnos.

Durante o percorrido polo centro o conselleiro comprobou que o colexio cunha auxiliar de conversa de inglés, que presta o seu apoio ao funcionamento das seccións bilingües no centro. Ademais Este colexio conta este curso con 1 aula dixital composta por un ordenador portátil, un encerado dixital interactivo e proxector. Unha instalación que recibiran grazas a un acordo acadado entre a Consellería de Educación, Secretaría Xeral de Modernización e a entidade Red.es, dependente do Ministerio de Industria. Grazas a dito acordo neste curso repartiranse máis de 600 equipos en centros educativos galegos, priorizando os de infantil e primaria que nestes momentos conten cun menor equipamento das características antes nomeadas e aqueles que asinen contratos programa.

CEIP Tenorio

Posteriormente o conselleiro desprazouse ao CEIP Tenorio, xunto ao director José Alberto Portela, e a parte do equipo directivo comprobou o estado ao que asisten más de 42 estudantes de infantil e 103 de primaria, e que conta con unha das devanditas aulas dixitias, ao abeiro do acordo acadado entre a Consellería, a Secretaría Xeral de Modernización e a entidade Red.es, dependente do Ministerio de Industria.

En ambas visitas o conselleiro estivo acompañado polo xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, que deron conta do estado das instalacións destes centros. Cómpre recordar que a Consellería investiu nos dous centros preto de sesenta mil euros ao longo do ano pasado e do presente para a adaptación das instalacións eléctricas dos recintos. Ademais cada un dos colexios recibiu un investimento de 4.450 euros para a mellora das súas bibliotecas escolares.

Durante ambas visitas Vázquez Abad estivo a recordar aos directores e equipos directivos que ao realizar estes percorridos continúase a comprobar de primeira man a situacións dos centros educativos e as súas necesidades. Así recordoulles que a Consellería vén de traballar a prol da calidade educativa, unha calidade que, tal e como destacou, é posible grazas á profesionalidade do conxunto dos docentes do ensino público galego, sen os cales non sería posible formar dun xeito adecuado as vindeiras xeracións.