Listaxes provisionais das prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22

Ven, 27/08/2021 - 11:05

Resolución do 27 de agosto de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións provisionais de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 32 da Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2021/22 (DOG núm. 113, do 16 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Prazo para presentar reclamación: 5 días hábiles (os días 30 e 31 de agosto e 1, 2 e 3 de setembro de 2021), que deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.