Educación garante a continuidade dos incentivos ás universidades para a contratación fixa de investigadores do Programa Parga Pondal

Xov, 06/10/2011 - 14:29
encontro mantido esta maña entre os representantes do colectivo de universidades
Encontro mantido esta mañá entre os representantes do colectivo de universidades e o secretario xeral de universidades, José Alberto Díez de Castro e a subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria, María Jesús Tallón.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria volve a recordar que esta garantida a continuidade dos incentivos proporcionados ás universidade galegas para a contratación fixa e polo tanto estabilización dos investigadores do programa Parga Pondal.

Así o aseguraran, unha vez máis, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a subdirectora de universidades, María Jesús Tallón nunha reunión mantida esta mañá con dous representantes dun colectivo de 18 investigadores da Universidade de Santiago de Compostela correspondentes o Programa Parga Pondal. Un encontro convocado pola Consellería co fin de atallar as dúbidas e inquedanzas xurdidas neste colectivo en relación as informacións confusas sobre a continuidade do programa de estabilización.

Así durante a xuntanza a Secretaria Xeral de Universidades recordou aos asistentes ao encontro que no Programa de Estabilización para o marco do 2011-20112 a Consellería de Educación contempla como prioridade o impulso dos investigadores. Isto supón o compromiso de financiamento nas condicións establecidas para todos os investigadores que cumpran cos requisitos e que sexan estabilizados polas Universidades do Sistema Universitario Galego mediante un contrato estable asinado entre o 1 de xullo deste ano e o 30 de xuño do 2012.

Mantemento das axudas

Deste xeito a acreditación Manuel Colmeiro do Plan I+D+I (2005-2010) ten continuidade no presente Plan I2C (2011-2015). A Consellería asegura o mantemento das axudas ás tres Universidades galegas para a estabilización dos investigadores provenientes do programa Parga Pondal e que conten coa certificación de cumprimento que o propio programa establece. Deste xeito dáse conta do compromiso da Consellería de Educación para formar, e reter talento investigador en Galicia.

Con este encontro a Secretaría Xeral de Universidade volve a demostrar o seu traballo a prol dos investigadores galegos, mediante a captación e a consolidación dos mesmos a través dos programas competitivos. Un desexo que se materializa co novo plan I2C de Investigación e de Innovación que sitúa as políticas de captación e promoción do talento como pedra angular para que os investigadores e persoas con alta capacidade de innovación teñan mellores oportunidade de demostrar a súa capacidade.