A Xunta abre o prazo para inscribirse nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP

O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 9 de febreiro

As persoas xa inscritas non terán que realizar unha nova solicitude

Dom, 24/01/2021 - 12:21

A Xunta publicará mañá a Orde do 15 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a convocatoria dos procedementos selectivos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, coa finalidade de abrir de novo o prazo para que as persoas interesadas se poidan inscribir nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro. Non terán que realizar unha nova solicitude aquelas persoas que a fixeran no prazo do 1 de xuño ao 19 de xuño de 2020. En calquera caso, se as persoas xa inscritas desexasen modificar a quenda de ingreso, a exención da proba de coñecementos da lingua galega ou outra circunstancia, poderán efectualo mediante a formalización dunha nova solicitude que anulará a anterior, sen necesidade de que efectúen un novo pagamento das taxas.

O novo período de inscrición circunscríbese unicamente ás 603 prazas convocadas en 24 especialidades do corpo de profesorado técnico de FP, que se distribúen do seguinte xeito:
 

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

201

Cociña e Pastelaría

2

24

26

202

Equipos Electrónicos

3

39

42

203

Estética

2

22

24

204

Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble

2

23

25

205

Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos

1

15

16

206

Instalacións Electrotécnicas

2

22

24

208

Laboratorio

1

11

12

209

Mantemento de Vehículos

4

46

50

210

Máquinas, Servizos e Producción

--

5

5

211

Mecanizado e Mantemento de Máquinas

1

17

18

214

Operacións e Equipamentos de Elaboracións de Produtos Alimentarios

1

19

20

216

Operacións de Produción Agraria

1

15

16

217

Patronaxe e Confección

1

17

18

218

Peiteado

2

21

23

219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

1

15

16

220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

2

30

32

221

Procesos Comerciais

2

22

24

222

Procesos de Xestión Administrativa

3

45

48

223

Produción de Artes Gráficas

1

15

16

225

Servizos á Comunidade

2

31

33

226

Servizos de Restauración

1

16

17

227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

4

51

55

228

Soldadura

1

19

20

229

Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son

2

21

23

Total

42

561

603

O obxectivo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade con esta ampliación da oferta é contrarrestar os efectos da LOMLOE, que prevé a extinción deste corpo, fundamental para a formación do alumnado de FP, especialmente no ámbito práctico.