Publicación das listaxes provisionais correspondentes ao período extraordinario pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21

Mar, 29/09/2020 - 13:51

Resolución do 29 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións provisionais de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario de acordo co previsto nos artigos 5.2 e 34 da Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21 (DOG núm. 111, do 9 de xuño).

As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración a partir da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais e o 2 de outubro de 2020 (este incluído).