Máis de 150.000 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2020/21 a partir do vindeiro mércores

Esta cifra non inclúe a Formación Profesional, etapa na que a matriculación continúa aberta
A volta ás clases realízase de xeito gradual segundo os cursos por mor da pandemia da covid-19
Aínda que o alumnado é practicamente o mesmo ca o curso pasado, a Consellería incorpora este ano 1.107 profesores máis para estas etapas, reforzando as medidas para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa nos centros
Vén de publicarse a orde de instrucións sobre o comezo do curso nestas etapas, que recolle as últimas decisións acordadas, como a opción da semipresencialidade, entre outras
Ven, 18/09/2020 - 13:20

Un total de 150.141 estudantes comezarán a partir do vindeiro 23 de setembro –de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19– as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación son moi similares as do curso 2019/2020 e non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. Ademais, esta cifra non inclúe os datos de matriculación en Formación Profesional, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/2021, a través das que se dota de seguridade xurídica e aval sanitario ás últimas decisións tomadas neste eido, principalmente o adiamento do inicio do curso en Secundaria, a opción da semipresencialidade e o uso de mamparas en espazos concretos. Cómpre lembrar que todas estas medidas foron acordadas tras a reunión conxunta da Conferencia Sectorial de Educación e do Consejo Interritorial del Sistema Nacional de Salud (o pasado 27 de agosto), da reunión do Consello Escolar de Galicia (o 9 de setembro) e do encontro coa Xunta Autonómica de Directores, os representantes dos centros de Secundaria e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias (o pasado 11 de setembro).

Calendario

No que atinxe ás datas concretas do regreso gradual ás aulas, o 23 de setembro volverán os alumnos de 1º e 2º de ESO e os de 1º de Bacharelato, 1º de FP de grao medio e 1º de FP de grao superior e as ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia. O día 24 de setembro farano os de 3º de ESO, de 2º de Bacharelato, 2º de FP de grao medio e 2º de FP de grao superior. Finalmente, o día 25 incorporarase o alumnado de 4º de ESO, e todos os cursos de FP Básica.

No caso das ensinanzas de réxime especial, o alumnado das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño e das deportivas incorporarase nas mesmas datas establecidas para os estudantes de FP. O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial incorporarase a partir do 23 de setembro de acordo cos calendarios de organización e funcionamento dos centros.

Contratación de profesorado

Malia manter practicamente o mesmo número de alumnado, o curso comeza coa incorporación de arredor de 2.000 novos profesores ao sistema de ensino público, o que supón un incremento do 6,2% sobre a plantilla total de profesorado para este curso.

Dos preto de 2.000 novos profesores, 1.107 serán para as etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional (847 para reforzar as medidas de seguridade contra a covid e 260 que se incorporan para atender o incremento de oferta); 240 son para Infantil e Primaria (que xa están contratados e traballando nos centros) e 543 son novos docentes de apoio a través do programa ARCO de reforzo educativo (221 para Primaria e 322 para Secundaria).

Outras medidas

Cómpre lembrar que, a maiores do reforzo do profesorado, a principal para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa nos centros, a Xunta de Galicia tomou outras adicionais para facilitar a xestión e organización do inicio do curso nos centros de Secundaria, tales como o devandito adiamento nunha semana do comezo do inicio das clases, a opción de solicitar a semipresencialidade para Bacharelato e FP o incremento das accións formativas dirixidas a profesorado e alumnado en materia hixiénico sanitaria, ou a posibilidade de instalación de mamparas protectoras en aulas e talleres, todas elas recollidas na Orde publicada no DOG, e que previamente tiñan sido avaliadas e aprobadas polo Comité Clínico.

Neste sentido, a orde indica que, de non ser posible manter a distancia de seguridade indicada para estas etapas, (e non puidesen atoparse outras solucións como a retirada de material ou o uso doutras aulas máis amplas), previa autorización da inspección educativa, poderá optarse por opcións como o desdobre do grupo de alumnos (xa realizado nas últimas semanas), a instalación de mamparas ou separacións que garantan a protección individual do alumnado ou os desdobres do grupo de alumnos, ou a semipresencialidade rotatoria (agás na ESO). Tamén se especifica que nos talleres de formación profesional e ensinanzas de réxime especial, cando proceda, se adoptarán medidas de seguridade usando pantallas de protección facial.

No referido á semipresencialidade, a orde indica que a actividade lectiva será presencial con carácter xeral para todos os niveis e etapas do sistema educativo, con prioridade para o alumnado de menor idade e que, excepcionalmente, poderán impartirse semipresencialmente as ensinanzas de bacharelato, formación profesional, así como as ensinanzas de réxime especial.

Ademais, a orde recolle a realización de accións formativas para o profesorado, tanto no relativo ás ferramentas tecnolóxicas para docentes como ás ferramentas institucionais para o ensino mixto.

ESO

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 94.664 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 1,5 % máis ca no curso 2019/20.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros concertados

Centros privados

A Coruña

28.354 alumnos

10.185 alumnos

975 alumnos

Lugo

7.138 alumnos

2.013 alumnos

268 alumnos

Ourense

5.659 alumnos

3.194 alumnos

144 alumnos

Pontevedra

25.073 alumnos

10.664 alumnos

997 alumnos

Total

66.224 alumnos

26.056 alumnos

2.384 alumnos

 

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español incrementouse case un 9% respecto do curso anterior:

 

2019/20

2020/21

A Coruña

1.292 alumnos

1.407 alumnos

Lugo

531 alumnos

578 alumnos

Ourense

424 alumnos

462 alumnos

Pontevedra

1.123 alumnos

1.223 alumnos

Total

3.370 alumnos

3.670 alumnos

 

Bacharelato ordinario

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería, indican que 31.371 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón que a cifra se mantén case invariable respecto do curso 2019/20.

 

Centros públicos

Centros privados

A Coruña

10.739 alumnos

2.629 alumnos

Lugo

2.869 alumnos

294 alumnos

Ourense

2.334 alumnos

562 alumnos

Pontevedra

10.086 alumnos

1.858 alumnos

Total

26.028 alumnos

5.343 alumnos

 

No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española incrementouse nun 6,3%:

 

2019/20

2020/21

A Coruña

289 alumnos

307 alumnos

Lugo

89 alumnos

95 alumnos

Ourense

64 alumnos

68 alumnos

Pontevedra

251 alumnos

267 alumnos

Total

693 alumnos

737 alumnos

 

Ensinanzas de adultos

No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 11.378 estudantes, é do 7% respecto do curso 2019/20.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2019/20 é a seguinte:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Ensinanzas básicas nivel I

211 alumnos

211 alumnos

28 alumnos

191 alumnos

641 alumnos

Ensinanzas básicas nivel II

218 alumnos

30 alumnos

24 alumnos

162 alumnos

434 alumnos

Ed. Secundaria adultos niveis I e II

2.030 alumnos

512 alumnos

511 alumnos

1.830 alumnos

4.883 alumnos

Bacharelato presencial

529 alumnos

47 alumnos

110 alumnos

444 alumnos

1.130 alumnos

Bacharelato semipresencial/distancia

1.584 alumnos

317 alumnos

200 alumnos

555 alumnos

2.656 alumnos

Ensinanzas non regradas

201 alumnos

355 alumnos

370 alumnos

708 alumnos

1.634 alumnos

 

Ensinanzas artísticas e deportivas

Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas acada este curso os 10.488, un 1,7% menos ca no curso anterior.

En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8.367, un 2,4 % menos ca no ano académico 2019/20:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Conservatorios de música e Centros autorizados de música

3.428 alumnos

1.058 alumnos

955 alumnos

2.926 alumnos

8.367 alumnos

 

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 349, un 3% menos ca no curso 2019/20; mentres que nas de arte dramática haberá 173 alumnas e alumnos, un 3% máis ca no ano académico anterior.

Pola súa banda o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño aumenta case un 1%, con 727 estudantes. No caso dos estudos superiores de deseño haberá 795 matriculados, un 4% máis ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 77 alumnos, 8 menos ca no 2019/20.

Finalmente, nas ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é de case o 8%, acadando os 2.240 alumnos.

Formación Profesional

No caso da Formación Profesional a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que -contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de arredor de 56.000, o que suporía un crecemento do 5% respecto do curso 2019/20.

Centros escolares

Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educa. Primaria e Secundaria (1)

54

25

21

64

164

C. de ESO

17

3

2

16

38

C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias

83

35

25

70

213

C. de ensinanzas postobrigatorias

43

11

12

33

99

C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias (1)

33

4

7

26

70

C. de adultos (2)

3

2

2

3

10

TOTAIS

233

80

69

212

594

 

  1. Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

  2. Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos