Publicadas as listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias para as prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21

Lun, 14/09/2020 - 14:03

Resolución do 14 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, de acordo co previsto nos artigos 5.2 e 33 da Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2020/21 (DOG núm. 111, do 9 de xuño), nos seguintes termos:

1. A Resolución do 28 de agosto de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publicou o número de prazas ofertadas e as listaxes coas puntuacións provisionais das persoas solicitantes admitidas, concretou o número provisional de prazas vacantes ofertadas, que se ven ampliadas a través desta resolución.

2. En consecuencia publícanse as listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión; así mesmo, a relación de persoas adxudicatarias con indicación do centro docente no que están matriculadas e, de ser o caso, a relación de suplentes.

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.

  • Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 14 de setembro e 14 de outubro de 2020), ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.