O curso arranca o 10 de setembro en Infantil, Primaria e Educación especial, con descenso de alumnado e máis docentes

Incorpóranse 240 profesores máis ao sistema nestas etapas educativas
Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 58.997 alumnos e alumnas, un número lixeiramente inferior ao do curso anterior
En primaria tamén diminúe o alumnado, con 134.093 estudantes
Ven, 04/09/2020 - 11:59

O xoves 10 de setembro comezarán en Galicia as clases, de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19 nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 194.221 nenas e nenos, o que supón un 1,3 % menos ca no curso 2019/20, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

En calquera caso, e malia ao descenso de alumnado, a Consellería de Educación ten previsto reforzar o sistema educativo galego con aproximadamente 1.000 docentes máis. No caso concreto de Educación Infantil e Primaria este curso póñense en marcha 158 unidades máis (grupos de clase), o que leva consigo a incorporación de 240 novos profesores para estas etapas educativas.

No caso da educación secundaria o reforzo concretarase nos próximos días, unha vez se dispoña dos datos de matrícula e dos desdobres que sexa preciso realizar. A esta medida súmanse outras da consellería como a iniciativa ARCO (instrumento de apoio aos centros para a mellora do rendemento académico que complementa os Contratos-Programa), que permitirá aos centros contar con 543 docentes de apoio (221 para Primaria e 322 para ESO) contratados no curso 2020-21.

Con esta medida, o Goberno galego reforza os medios destinados ao sistema educativo co obxectivo de garantir a calidade do ensino, así como para cumprir coas medidas establecidas no Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 .

No que atinxe ás datas concretas do regreso gradual ás aulas, os primeiros en incorporarse o xoves 10 serán os alumnos de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil; 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; e Educación Especial. Ao día seguinte, o 11 de setembro, iniciarán o curso escolar os alumnos de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Deste xeito, o venres día 11 estarán xa incorporados ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.

Co comezo de curso gradual búscase facilitarlles a organización aos centros educativos e que a adaptación do alumnado ás novas dinámicas derivadas da aplicación do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19, como son as entradas e saídas por diferentes accesos ou en quendas, os sentidos únicos nos desprazamentos polas instalacións, o mantemento das distancias ou a hixiene de mans frecuente, entre outras medidas. Cómpre lembrar tamén que o alumnado deberá comprobar diariamente na casa, antes de acudir á escola, se ten algún síntoma compatible coa covid-19 (febre, tose seca, dificultade respiratoria, cansazo...). Diante de aparición algún dos síntomas, debe quedar na casa e a familia solicitará consulta co seu pediatra ou médico.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 58.997 alumnos comezan este ano nas aulas de educación infantil, o que supón practicamente a mesma cifra ca no curso anterior (un 0,9% menos).

Por tipo de centros e provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

18.233 alumnos

6.433 alumnos

639 alumnos

Lugo

4.739 alumnos

1.597 alumnos

91 alumnos

Ourense

3.705 alumnos

1.890 alumnos

0 alumnos

Pontevedra

14.656 alumnos

6.525 alumnos

489 alumnos

Total

41.333 alumnos

16.445 alumnos

1.219 alumnos

 

Os datos de alumnado non nacionalizado español nesta etapa son os seguintes:

 

2019/20

2020/21

Total

426 alumnos

483 alumnos

 

Educación Primaria

Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 134.093 alumnos tamén comezan o mércores as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 1,5 % menos.

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

40.960 alumnos

14.655 alumnos

1.369 alumnos

Lugo

10.055 alumnos

3.332 alumnos

258 alumnos

Ourense

8.346 alumnos

4.277 alumnos

0 alumnos

Pontevedra

34.749 alumnos

14.812 alumnos

1.280 alumnos

Total

94.110 alumnos

37.076 alumnos

2.907 alumnos

 

Os datos de alumnado non nacionalizado español nesta etapa son os seguintes:

 

2019/20

2020/21

A Coruña

1.835 alumnos

2.122 alumnos

Lugo

671 alumnos

776 alumnos

Ourense

551 alumnos

637 alumnos

Pontevedra

1.445 alumnos

1.671 alumnos

Total

4.502 alumnos

5.206 alumnos

 

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.131, 20 alumnos máis ca no 2019/20

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados con concerto

A Coruña

207 alumnos

275 alumnos

Lugo

63 alumnos

13 alumnos

Ourense

102 alumnos

37 alumnos

Pontevedra

161 alumnos

273 alumnos

Total

533 alumnos

598 alumnos

 

Centros escolares e docentes

Os centros –públicos, privados e concertados– que desde o 10 de setembro impartirán ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educación Infantil

46

4

3

57

110

Educación Primaria e Infantil(1)

241

90

84

224

639

Educación Primaria e ESO(2)

54

25

21

64

164

 

Educación especial

17

3

2

16

38

TOTAIS

358

122

110

361

951

 

(1) Inclúen os centros que imparten só educación primaria

(2) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así, este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 77.060, das cales 15.416 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 417 comedores, deles 281 de forma directa e 136 de forma indirecta (a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos). Pola súa banda as ANPAS son responsables de 138 comedores e os Concellos de 52. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de arredor de 4.705 comensais nestes 52 centros escolares de 15 concellos de toda Galicia. A maiores tamén destina axudas a Anpas para a xestión dos comedores.

Así mesmo a Consellería facilita subvencionar o servizo de comedor escolar a 518 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de convenios con 15 entidades, cun orzamento de 223.441,96 euros.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo –segundo as estimacións provisionais- a 86.957 alumnas e alumnos de 774 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 311 alumnos de centros de educación especial que non son públicos a través de convenios con 13 entidades, cun orzamento de 1.016.115,92 euros. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.