Bibliotecas Escolares Solidarias 2019/2020: centros seleccionados en Voluntariado de Lectura-A (primaria) e Selos "Biblioteca Escolar Solidaria"

Xov, 16/07/2020 - 14:18

Publícase a Resolución de 16 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS correspondentes ao curso 2019/2020. Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2019/2020 a 10 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.

Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias de un total de 88 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", destinada a alumnado de 5º e 6º de primaria, no curso 2019/2020.

O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2016-2020 de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).