Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución provisional da convocatoria do PLAMBE en centros públicos para o curso 2020/2021

Mar, 14/07/2020 - 12:05

Achégase arquivo coa Resolución provisiónal da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional para o curso 2020/2021, segundo Orde de 25 de maio de 2020 (DOG DO 03/06/2020). Selecciónanse os 25 centros de nova incorporación previstos na convocatoria, con detalle das contías asignadas inicialmente. No caso de producírense renuncias ou baixas entre os centros integrados actualmente neste programa, poderá aumentarse o número de centros incluídos nesta resolución provisional. A resolución definitiva publicarase no DOG, unha vez rematado o proceso, e nela recollerase a totalidade de centros públicos integrados no PLAMBE para o curso 2020/2021, así como as contías asignadas finalmente.

Ábrese un prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte a esta publicación,  para a presentación de alegacións, tal e como se recolle no artigo 12º (Resolución), punto 2, da orde de 25 de maio.