Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595), especialidade de volume (525)

Mér, 01/07/2020 - 10:29

Resolución do 30 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595), especialidade de volume (525).

Nota aclaratoria ao respecto da base terceira, apartado 2:

Para aquelas persoas interesadas que presenten a súa solicitude accedendo directamente á SEDE Electrónica da Xunta de Galicia, deberán empregar o modelo de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (PR004A), prégase indiquen no asunto a seguinte lenda “Inscrición listas...”.

Para estes efectos:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=gl

2º. Deben premer “Tramitar en liña”

3º. Lembre que xunto co modelo PR004A debe achegar a documentación establecida na resolución de apertura (Instancia, folla de autobaremación, aboamento de taxas e demais documentación)

  • Prazo 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación (do 2 ao 15 de xullo ambos incluídos).