Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Relación definitiva das listas de interinidades no corpo de PES especialidade de navegación e instalacións mariñas, de sistemas electrónicos, de sistemas electrotécnicos e automáticos e no corpo de PTs, especialidade de equipos electrónicos, de instalació

Xov, 18/06/2020 - 12:50

Resolución do 18 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario (590), especialidade de navegación e instalacións mariñas (109), de sistemas electrónicos (124), de sistemas electrotécnicos e automáticos (125) e no corpo de profesores técnicos de formación profesional (591), especialidade de equipos electrónicos (202), de instalacións electrotécnicas (206), de máquinas, servizos e produción (210), mecanizado e mantemento de máquinas (211) e operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios (214).