Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo un destino definitivo nos concurso de traslados convocados polas ordes do 8 de outubro de 2019, do 9 de outubro de 2019 e do 13 de novembro de 2019

Mér, 17/06/2020 - 10:54

Co fin de poder tramitar a súa toma de posesión e a súa alta en nómina, o profesorado que obtivo destino definitivo no concurso de traslados convocado pola orde do 8 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 200, do 21 de outubro), no concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación, convocado pola orde do 9 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 200, do 21 de outubro) ou no concurso concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos convocado pola orde do 13 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 222 do 21 de novembro), deberá remitir á xefatura territorial da provincia na que obtivo o novo destino, antes do 1 de setembro de 2020 a documentación relacionada nas Instrucións para a toma de posesión