A Consellería de Educación pon en marcha axudas para a potenciación do traballo investigador en Galicia

Trátase do financiamento estrutural dos grupos de investigadores que permitirá acadar actividades complementarias o obter mellores resultados

Dom, 21/08/2011 - 12:15

Declaracións de José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades

A Consellería de Educación de Ordenación Universitaria vén de destinar axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación e redes por valor de máis de 7 millóns de euros.

Esta iniciativa, posta en marcha polo dirixida polo departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad, supón a financiación estrutural dos grupos de investigadores, na medida en que a agrupación de investigadores de diferentes grupos e institucións permitirá acadar capacidades complementarias, e polo tanto obter o mellores resultados en materia de investigación e no acceso competitivo aos recursos.

A valoración das solicitudes para o acceso a estes fondos terá á producción e calidade científica dos grupos e candidatos, así coma a súa actividade investigadora e a idoneidade da programación de acordo coas bases das convocatorias.

A convocatoria destas axudas establécese coa finalidade de estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) mediante convocatorias destinadas a distintas modalidades.

Diferentes modalidades

As axudas, coofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 2007-2013, divídense en dúas modalidades diferentes. Dunha banda, unha modalidade destinada a grupos de referencia competitiva, por outra, axudas destinadas a redes de investigación.

Os principais criterios para a modalidade dos grupos de referencia competitiva son: estrutura, organización e tamaño do grupo, interdisciplinalidade do mesmo, dimensión universitaria e participación de investigadores dos campus periféricos. Tamén se valora a actividade investigadora de anos pasados, presenza de novos investigadores, utilidade dos resultados obtidos, nivel de excelencia da producción científica e as actividades de promoción e difusión das actividades.

En canto as redes de investigación terase en conta a estratexia proposta polo grupo, calidade e viabilidade da proposta, estratexia de aplicación dos resultados, grao de cumprimento dos obxectivos, destino e aproveitamento dos fondos recibidos, incremento das actividades de I+D e aplicabilidade e difusión dos resultados obtidos.

A medida vai destinada ao financiamento dos diferentes conceptos e gastos derivados das labores dos grupos de investigación.

O obxectivo último é potenciar a investigación nos máis diversos ámbitos de coñecemento e atraer a novos investigadores. Ademais preténdese favorecer a cooperación entre diferentes grupos de investigación, institucións e empresas para satisfacer as necesidades científico-tencnolóxicas da sociedade e sectores económicos galegos e lograr a excelencia do sistema de universitario galego.

Declaracións de José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades