O conselleiro de Educación visita o CEIP Serra de Outes para comprobar as obras realizadas no centro

As obras de mellora realizadas no centro, das que se beneficiarán os seus 200 alumnos e alumnas, ascenden a preto de 60.000 euros

Mér, 17/08/2011 - 12:24
O conselleiro de Educación visita o CEIP Serra de Outes
O conselleiro de Educación visita o CEIP Serra de Outes para comprobar as obras realizadas no centro

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe as instalacións do CEIP Serra de Outes, situado en dito concello coruñés. No centro investíronse preto de 60.000 euros na mellora das instalacións deportivas.

Ao longo do percorrido polo centro o conselleiro estivo acompañado pola xefa territorial de Educación da provincia, Teresa Vilaverde; o alcalde do concello Carlos Enrique López Crespo e o director do centro, David Valín. Todos eles comprobaron o resultado das obras de mellora desenvolvidas no centro, e que afectaron á remodelación dos vestiarios do ximnasio, así como a saída de emerxencia e os aseos dos estudantes. Unhas obras das que se beneficiaran, desde este setembro as 200 alumnas e alumnos que estudan no CEIP Serra de Outes.

Investimentos no centro

O investimento realizado pola Consellería durante o presente ano no CEIP Serra de Outes, do que se beneficiarán os seus 200 alumnos e alumnas, acende a preto de 60.000 euros, en obras realizadas no espazo deportivo do centro que consistiron na remodelación do ximnasio así como no relativo a medidas de seguridade. Estas obras engádense as realizadas anteriormente no mesmo espazo deportivo e relativas a melloras diversas de ditas instalacións.

Cómpre sinalar que ademais o centro pertence desde o ano 2006 ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, a través do cal reciben axudas para que este espazo de un mellor servizo á comunidade educativa. Ademais o centro continúa Por outra banda o vindeiro curso continuará como centro plurilingüe.

Melloras no concello

Xunto a estas obras de mellora a Consellería tamén realizou diversas accións nos centros do concello, cun investimento de preto de 150.000 euros, destinados á traballos de mellora e reparación nos centros da zona, entre os que se atopa o IES Poeta Añón.

Así nos centros realizáronse obras que deron reposta ás necesidades existentes, e ao mesmo tempo deuse reposta a algunhas das demandas históricas da comunidade educativa, deste xeito reparáronse fachadas, cubertas, mellorouse a instalación eléctrica e reducíronse os niveis de gas radón a través da creación de canles de ventilación naturais.

Con estas visitas o conselleiro volveu a dar conta do seu interese polo estado dos centros educativos de cara ao novo curso escolar. Un ano no que cómpre recordar que a Consellería sigue apostando pola educación de calidade, unha tarefa para a que conta coa inestimable axuda dos docentes, aos que o conselleiro fixo referencia na xornada de hoxe ao sinalar que “a súa profesionalidade e a clave para ter a seguridade de que as novas xeracións reciben a mellor formación”.