Aprazada a proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos, prevista para o 24 de abril

Lun, 13/04/2020 - 14:01
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional apraza a realización da proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de vinte anos na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de  Humanidades e Ciencias Sociais, prevista para o día 24 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario.
 
Así mesmo quedan pendentes de actualización a data de publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas e o período de reclamación contra esa listaxe provisional.
O obxectivo desta proba é que as persoas que non obtiveron esta cualificación a través das ensinanzas reguladas poidan contar con este título a través da participación nunha proba libre na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Menú Advertisement

Escolarización

Sen términos