Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Dispoñibles o primeiro conxunto de videotitoriais para docentes: uso das videoconferencias, primeiros pasos coas aulas virtuais e como enviar mensaxes ás familias dende espazoAbalar

Ven, 03/04/2020 - 15:31
imaxen usando o  teclado

Co fin de facilitar ao profesorado o uso dos distintos servizos dixitais educativos, acaban de publicarse os primeiros cinco videotitoriais onde se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar tres servizos dixitais:

  • un sobre o uso das videoconferencias Webex
  • un sobre o o uso da mensaxería na comunicación cas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar
  • e tres sobre os primeiros pasos de uso das Aulas Virtuais dos centros educativos (crear cursos, crear etiquetas e engadir ficheiros, e crear tarefas para o alumnado).

Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións Servizo de videoconferencia, Aulas Virtuais e Servizo de comunicación espazoAbalar

Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta.

Nos próximos días publicaranse máis videotitoriais: dous sobre as Aulas Virtuais e outro sobre a ferramenta de portfolio Agueiro.

Menú Advertisement

Sitio web

Sen términos