Educación concede os premios ao esforzo e superación persoal de ESO a 20 estudantes

Valoran a capacidade de superación de dificultades do alumnado que cursa 4º de Secundaria, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural

Xov, 05/12/2019 - 10:11

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se conceden os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19. Estes galardóns recoñecen a capacidade de superación de dificultades de 20 alumnas e alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural.

A Consellería destina un total de 15.000 euros para estes premios a razón de 750 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden. A relación de centros con estudantes galardoados é a seguinte:

Provincia

Localidade

Centro

A Coruña

Boiro

IES Plurilingüe A Cachada (2 estudantes)

A Coruña

A Coruña

IES Plurilingüe Rafael Dieste

A Coruña

Fene

CPI A Xunqueira

A Coruña

A Laracha

IES Agra de Leborís

A Coruña

Oleiros

IES Miraflores

A Coruña

A Pobra do Caramiñal

IES da Pobra do Caramiñal

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Eduardo Pondal

Lugo

Foz

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar

Lugo

Lugo

CPR Plurilingüe San José

Lugo

Pedrafita do Cebreiro

CPI Uxío Novoneira

Ourense

Allariz

IES de Allariz (2 estudantes)

Ourense

Ourense

CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús

Ourense

Ourense

CPR Plurilingüe La Purísima

Pontevedra

Silleda

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Pontevedra

Vigo

IES Valadares (3 estudantes)

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

 

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola.