Un total de 450 alumnos de 21 centros educativos públicos participarán na semana STEM a partir de mañá

O obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para darlles resposta aos desafíos profesionais do futuro
Sáb, 12/10/2019 - 10:00

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución dos 21 centros seleccionados para participar este outono na Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), da que tomarán parte un total de 450 alumnas e alumnos (un máximo de 25 por centro) a partir de mañá, cando arrinca a primeira quenda de estadías.

Este campamento de innovación educativa impulsado pola Xunta de Galicia está dirixido a rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. A actividade é totalmente gratuíta para as familias e desenvólvese nos Peares.

A relación de centros seleccionados é a reflectida no seguinte cadro:

Provincia

Concello

Centro

Curso

Quenda

A Coruña

Arteixo

IES Manuel Murguía

1º ESO

1-7/12

A Coruña

Cambre

CEIP Portofaro

5º EP

13-19/10

A Coruña

Carral

CEIP Vicente Otero Valcárcel

6º EP

10-16/11

A Coruña

Cee

IES Agra de Raíces

2º ESO

8-14/12

A Coruña

Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

1º ESO

17-23/11

A Coruña

Culleredo

CEIP Plurilingüe de Tarrío

6º EP

27/10 a 2/11

A Coruña

Culleredo

CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

6º EP

3-9/11

A Coruña

Ferrol

CEIP Cruceiro de Canido

6º EP

10-16/11

A Coruña

Ferrol

IES Sofía Casanova

1º ESO

1-7/12

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP Pío XII

5º EP

13-19/10

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP Raíña Fabiola

6º EP

3-9/11

A Coruña

Fene

CEIP Plurilingüe Os Casais

5º EP

20-26/10

Lugo

Láncara

CPI Ramón Piñeiro

1º ESO

24-30/11

Lugo

Lugo

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

2º ESO

8-14/12

Lugo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

1º ESO

17-23/11

Lugo

Viveiro

CEIP Plurilingüe de Covas

5º EP

20-26/10

Ourense

Ourense

IES 12 de Outubro

1º ESO

24-30/11

Pontevedra

Lalín

IES Laxeiro

1º ESO

24-30/11

Pontevedra

O Porriño

CEIP Plurilingüe Antonio Palacios

6ºEP

27/10-2/11

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

6ºEP

10-16/11

Pontevedra

Tomiño

CEP Pedro Caselles Beltrán

5ºEP

20-26/10

 

Edudixital 2020

A Semana STEM forma parte do conxunto de accións da Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020) postas en marcha pola Consellería de Educación coa finalidade de fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego.

O seu obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro. Deste xeito, as estadías proporcionan un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumente o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía. 

As actividades non só serán académicas, senón tamén de carácter lúdico-recreativo e servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas. Os contidos dos cursos inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque “maker”, a creatividade e a motivación para mellorar a súas competencias STEM.