Carmen Pomar coñece os proxectos educativos do IES Lama das Quendas (Chantada)

Mar, 24/09/2019 - 13:16
Carmen Pomar coñece os proxectos educativos do IES Lama das Quendas (Chantada)

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o IES Lama das Quendas, onde tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os proxectos educativos que desenvolve este centro da localidade lucense de Chantada. Neste sentido salientou que o IES está incorporado desde o curso 2018/19 ao programa de libro dixital E-Dixgal, ademais de formar parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). De feito, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a concesión dunha nova achega a este centro pola participación neste Plan

Así mesmo, animou ao centro a volver participar neste curso que comeza na convocatoria dos contratos-programa, dos que o ano pasado desenvolveu a liña 1, para o Reforzo, orientación e apoio; así como noutras iniciativas como o Plan Proxecta ou os Clubs de Lectura.