Orde do 30 de abril de 2007 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos, dos funcionarios dos corpos docentes en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde

Xov, 15/04/2010 - 12:29

Orde do 30 de abril de 2007 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e a petición da interesada ou interesado, dos funcionarios dos corpos docentes en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde

O profesorado interesado deberá participar a través da aplicación informática CADP que aparece no servizo relacionado máis abaixo.

As instancias dirixiranse ao Xefe/a Territorial dos Departamentos Territoriais da Consellería de Educación e O.U. da Provincia onde presten servizos realmente.

Moi importante

O prazo de presentación de instancias é do 15 ó 30 de abril ámbolos dous incluídos. Para os participantes no concurso xeral de traslados, o prazo é de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación da resolución do concurso no DOG.

Teléfonos de información: no servizo de Primaria no 981 545 495 e no servizo de Secundaria no 981 545 255.

Tamén pode solicitarse información nos servizos de persoal dos Departamentos territoriais.

Correos electrónicos: persoal.primaria@edu.xunta.es ou persoal.secundaria@edu.xunta.es.