A Consellería de Educación participa na inauguración do II Congreso internacional de docencia universitaria, en Vigo

O secretario xeral de Universidades recordou que estas ensinanzas están nun importante proceso de cambio dentro do Espazo Europeo de Educación Superior

Xov, 30/06/2011 - 17:42
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mostrou hoxe o seu apoio a
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mostrou hoxe o seu apoio ao II Congreso Internacional de Docencia Universitaria, que foi inaugurado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, en representación do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria mostrou hoxe o seu apoio ao II Congreso Internacional de Docencia Universitaria, que foi inaugurado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, en representación do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad.

O encontro que durará ata o sábado 2 de xullo xirará en torno aos Retos e perspectivas da docencia na universidade, celebrarase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no campus de Vigo. O propósito desta segunda edición e ter un foro de intercambio de experiencias e de relación entre o profesorado e todos os interesados coa docencia universitaria. Cómpre recordar que a ensinanza universitaria está nun proceso de cambio no marco do Espazo Europeo de Educación Superior, o que supón novidades moitas delas relativas ao desenvolvemento dos novos plans de estudos e os novos escenario de certificación da calidade da docencia.

Durante o discurso inaugural o secretario xeral de Universidades destacou que “a Universidade está obrigada a cumprir coa súa función de servizo público e ofrecer a máis ampla e cualificada formación, adaptada aos novos coñecementos científicos e tecnolóxicos e aos novos requirimentos da sociedade. A transmisión e adquisición de coñecementos nos nosos días pode aproveitarse das grandes transformacións que as novas ferramentas, tanto informáticas coma comunicativas, xeneralizaron nos restantes ámbitos”. Asemade díxolles aos profesores reunidos que “agora teredes que abordar un difícil labor: o de ensinar a aprender. Ensinarlle ao alumnado que cada problema ten múltiples solucións e aprenderlles a pensar para atopar a máis pertinente”.

Xornadas de análise

Tras a intervención de Díez de Castro terá lugar o relatorio “A Calidade da docencia a exame: referentes, mitos e oportunidades”, a cargo de Joan Rué. Esta primeira xornada rematará coa exposición de diversas comunicación. Para o venres continuarase coa labor comunicativa e desenvolverase a mesa redonda “Retos e perspectivas da docencia universitaria”; coa intervención de Luis Muñoz, Mª Victoria Otero, Cecilia Leao e Luz Mª Puente.

O congreso rematará o sábado co relatorio “O futuro dos profesores da universidade: dilemas e encrucilladas”, a cargo de António Novoa.

Menús News node R