Puntuacións definitivas do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir prazas de persoal asesor

Xov, 18/07/2019 - 15:31

Publicación das puntuacións definitivas asignadas na primeira fase do concurso aos aspirantes presentados á convocatoria do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Resolución do 10 de xuño de 2019, DOG do 18 de xuño).

Relación definitiva do persoal seleccionado na convocatoria do concurso de méritos específico para cubrir prazas de persoal asesor na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O persoal seleccionado poderá presentar as reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente, dirixidas á presidenta da comisión de selección, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte desta publicación, de acordo co artigo 4 da orde de convocatoria e ademais deberán presentarse por medio dun correo electrónico dirixido ao enderezo sxp@edu.xunta.es