Concesión dos selos "Biblioteca Escolar Solidaria" - 2019

Mar, 09/07/2019 - 15:07
Concesión dos selos "Biblioteca Escolar Solidaria" - 2019

Achégase arquivo coa Resolución de 9 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se conceden once selos "Biblioteca Escolar Solidaria" correspondentes ao ano 2018-2019. Esta acción está incluída no programa Bibliotecas Escolares Solidaria. Este selo é un recoñecemento ao traballo das comunidades educativas a prol dunha biblioteca escolar atenta ás necesidades de todos os seus integrantes en materia de lectura e de acceso ao coñecemento e que propician especificamente valores de xustiza e de solidariedade; que procuran a compensación de desigualdades con fórmulas de aproveitamento dos recursos a través de medidas  específicas, de carácter estrutural e sistemático; que contan con alumnado voluntario e, tamén, con familias colaboradoras da biblioteca, en labores de xestión e dinamización.