Convocado concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e de asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos

Mar, 18/06/2019 - 09:37

Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e de asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

  •  O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, e polo tanto comprendendo dende o día 19 de xuño ata o 2 de xullo (ambos inclusive).