A Consellería de Educación incentivará que as tres universidades galegas contraten a investigadores

A Consellería financiará a consolidación, durante tres anos, de tódolos investigadores procedentes do programa Parga Pondal, contratados polas universidades

Xesús Vázquez Abad mantivo esta mañá un encontro cos representares de Precarios Galicia e da Asociación de investigadores Parga Pondal ós que informou das novas liñas de traballo que se levarán a cabo pola Consellería no relativo a Recursos Humanos, tras o traspaso de competencias de I+D+I

Lun, 20/06/2011 - 17:15
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, manti
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mantivo un encontro cos representantes de Parga Pondal e de Precarios Galicia

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, ven de manter un encontro cos representantes de Parga Pondal e de Precarios Galicia, no que lles comunicou o traballo desenvolvido desde o traspaso do programa de Recursos Humanos da dirección xeral de I+D+I á Secretaría Xeral de Universidades.

A Consellería de Educación anunciou que financiará durante tres ano a aqueles investigadores procedentes do programa Parga Pondal, e que estean contratados de xeito estable polas universidades galegas. Vázquez Abad sinalou que estas axudas supoñen un investimento de 1.118.000 no ano 2011 para a consolidación de 26 investigadores que levan contratados desde o 1 de xaneiro de 2010 ata o 1 de xuño do presente ano. Cómpre destacar que 4 destes están contratados pola Universidade da Coruña; 6 pola de Vigo; e 16 pola de Santiago de Compostela.

Reforzo de capacidades científicas

No mesmo encontro o conselleiro de Educación recordou que o programa de Recursos Humanos ten moita importancia e que é así porque “implica o reforzo e preparación para o futuro das capacidades científica se tecnolóxicas de Galicia”, ao que engadiu que “a través deste programa facilítase a potenciación da función investigadora nas universidades. E, ademais é un programa que actúa con persoas que son directamente afectadas das decisións que se tomen”.

Ao longo da reunión recordouse que o traspaso do Programas de Recursos Humanos significou que a Consellería de Educación asume a xestión das axudas non rematadas do INCITE e as convocatorias de prorrogas pendentes de publicación, nas que tamén se está na traballar. Ademais estanse a definir os programas recollidos no novo Plan I2C, que regula o apoio aos recursos humanos ata o 2015, para o cal xa está establecido un proceso de diálogo coas universidades do Sistema Universitario de Galicia, a través de reunións periódicas.

No encontro realizado hoxe pola maña na Consellería de Educación estiveron presentes, xunto ao conselleiro, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria, María Jesús Tallón, ao encontro tamén asistiron dous representantes da Parga Pondal e tres de Precarios Galicia.