Orde pola que se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior FP para o curso 2019/2020

Ven, 26/04/2019 - 09:20
Publicada a Orde do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED333A).