A delegación galega participa en máis do 80% das competicións das olimpíadas nacionais de Formación Profesional

Un total de 28 alumnas e alumnos compiten desde hoxe en SpainSkills 2019
Outros 5 estudantes tomarán parte nas demostracións
Mér, 27/03/2019 - 11:37

Un total de 28 alumnas e alumnos da Formación Profesional galega compiten a partir de hoxe nas olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran no IFEMA de Madrid. Do conxunto das 31 skills que se dan cita na capital de España, a nosa Comunidade participa nas 26 modalidades de competición oficial.

Así mesmo outros 5 estudantes de centros educativos galegos tomarán parte en 2 das 5 modalidades de exhibición, en concreto nas de Recepción Hoteleira e Drons. Por outra banda unha decena de profesoras e profesores de centros educativos galegos de FP participaron nestas olimpíadas como expertos no xurado das competicións por skills.

A relación de participantes nas skills é a seguinte:

COMPETICIÓN

CENTRO PARTICIPANTE

ALUMNO

TITOR

Reparación de carrozaría

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Christian Docal Fernández

Andrés López Chao

Tecnoloxía do automóbil

IES As Mariñas (Betanzos)

Brais Fernández Rocha

Miguel Vilela González

Pintura do automóbil

CIFP As Mercedes (Lugo)

Hugo Rigueiro Álvarez

Balbino Trigo Díaz

Fontanería e calefacción

CIFP As Mercedes (Lugo)

Miguel Carballal Vizcaino

Leticia Conde Castro

Instalacións eléctricas

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago)

Esteban Romero Liñares

Cristina Rey Carballo

Ebanistaría

CIFP Someso (A Coruña)

Brais Mosquera Fuentes

Benigno Rafael García Amor

Carpintaría

IES Salvaterra de Miño (Salvaterra de Miño)

Jonathan Jose Alfaya Araujo

José Luis González Álvarez

Xardinaría paisaxística

IES Montecelo (Pontevedra)

Alberto Martínez Garrido Adrián Darriba Bello

Eliseo Castro Iglesias

Refrixeración e aire acondicionado

CIFP As Mercedes (Lugo)

Diego Ramil Silvosa

Víctor Manuel Paz Cortiñas

Mecatrónica

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Leonardo Arturo Lanzoy Saavedra

Rafael Regueiro Carballeira

José Antonio Gómez Rodríguez

Enxeñaría de deseño mecánico-CAD

CIFP As Mercedes (Lugo)

Ainhoa Torres López

Alberto Pereira López

CNC Fresado

IES Politécnico de Vigo (Vigo)

David Ucha Pérez

Javier Fondevila Blanco

Soldadura

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago)

Alberto Vidal Lado

Ovindo Comuñas García

Electrónica

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago)

Miguel Messina Añón

Sabino Vidal Garea

Control industrial

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago)

Pablo Chico Segade

Pablo Pérez Seoane

Desenvolvemento web

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense)

Iván Rodríguez Salgueiros

Mª Luz Amaro Lois

Administración de sistemas en rede

IES San Clemente (Santiago)

Alejandro Buján Pampín

Víctor Manuel Martínez Taboada

Deseño e animacións de xogos 3D

CIFP Imaxe e son (A Coruña)

David Alonso del Moral

Mónica Parada Gandos

Tecnoloxía da moda

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Yéssica Fernández Miño

Mª Cruz Iglesias Viqueira

Peiteado

IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

Irene Galbán Rodríguez

Ana Mª Varela Pena

Estética

IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra)

Laura Abilleira Castro

Mª Antonieta Fernández Justo

Panadaría

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Yamila Sidati Novo

Avelina Amado Fernández

Cociña

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Víctor Paz Soage

Antonio Vieira Armada

Servizo de restaurante e bar

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Andrés Salgueiro Troitiño

José Ramón Garrido Cousillas

Floraría

IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo)

Cristina Ares Rivas

Ángeles Camino Saco

Atención sociosanitaria

IES Lamas de Abade (Santiago)

Iria Díaz Granja

Mª Cristina Robledo Trabanco

O obxectivo das olimpíadas de FP é amosar a capacitación dos estudantes destas ensinanzas nun escaparate que sirve como lugar de encontro de institucións e empresas.

As Spainskills celébranse cada dous anos e conta con representación de todas as comunidades autónomas. Os gañadores de medalla de ouro nesta competición representarán a España en Worldskills Kazan 2019 (Rusia) e en Euroskills Graz 2020 (Alemaña).