Carmen Pomar felicita a Antonio López e Marcelino Oreja pola súa investudira como membros de honor da Academia Xacobea

Mér, 06/03/2019 - 19:45

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta tarde no acto de apertura de curso da Academia Xacobea, no que se investiu como Académicos de honor ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e a Marcelino Oreja Aguirre. A titular do departamento educativo da Xunta felicitou a ambos pola súa investidura e salientou que “as súas recoñecidas traxectorias profesionais e persoais van ser, a partir de agora, unha valiosa achega para a entidade que nos reúne hoxe aquí”.

No acto participaron tamén o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e a  vicepresidenta e o secretario desta entidade, Josefa Sanz e Ulises Bértolo, respectivamente.