Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+, para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/2019

Mér, 02/01/2019 - 09:51

Xúntase a Orde do 27 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/19.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia