Bolsas para mocidade do exterior FP. Listaxes provisionais de solicitudes. Convocatoria 2018/2019

Xov, 18/10/2018 - 18:00
Con data do 6 de agosto de 2018 publicouse a Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (ED333A).
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e examinadas estas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e/ou que precisan emendar documentación e de solicitudes excluídas e os motivos de exclusión..