Preto de 197.500 escolares de educación infantil, primaria e especial comezarán o vindeiro mércores o curso 2018/19

Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 59.545 alumnos e alumnas, un 1,4 % menos ca no curso anterior
En primaria mantense case invariable o alumnado, con 136.738 estudantes
Ven, 07/09/2018 - 12:04

O mércores 12 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 197.457 nenas e nenos, o que supón un 0,6 % menos ca no curso 2017/18, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 59.545 alumnos comezarán este 12 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 1,4 % menos ca no curso 2017/18.

Por tipo de centros queda do seguinte modo:

Centros públicos

Centros concertados

Centros privados

Total

41.579 alumnos

16.651 alumnos

1315 alumnos

59.545 alumnos

Ademais hai que sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 4% respecto do curso anterior:

 

   2017/18

    2018/19

Total

1120 alumnos

1075 alumnos

Educación Primaria

Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 136.738 alumnos tamén comezaran o mércores as clases de educación primaria en Galicia, o que supón practicamente a mesma cifra ca no curso anterior (un 0,3% menos).

 

Centros públicos

Centros privados concertados

Centros privados non concertados

A Coruña

41.690 alumnos

14.970 alumnos

1.312 alumnos

Lugo

10.162 alumnos

3.424 alumnos

251 alumnos

Ourense

8.463 alumnos

4.359 alumnos

0 alumnos

Pontevedra

35.745 alumnos

15.161 alumnos

1.201 alumnos

Total

96.060 alumnos

37.914 alumnos

2.7064 alumnos

No caso da educación primaria o número de alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 12,3 % menos:

 

2017/18

2018/19

A Coruña

1341 alumnos

1106 alumnos

Lugo

544 alumnos

543 alumnos

Ourense

401 alumnos

348 alumnos

Pontevedra

1127 alumnos

995 alumnos

Total

3413 alumnos

2992 alumnos

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1174, 94 alumnos máis ca no 2017/18.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 

Centros públicos

Centros privados con concerto

A Coruña

163 alumnos

304 alumnos

Lugo

66 alumnos

8 alumnos

Ourense

73 alumnos

46 alumnos

Pontevedra

154 alumnos

360 alumnos

Total

456 alumnos

718 alumnos

Centros escolares e docentes

Os centros –públicos, privados e concertados– que desde o 12 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial quedan distribuídos do seguinte xeito:

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Galicia

Educación Infantil

57

4

3

60

124

Educación Primaria e Infantil(1)

239

89

84

222

634

Educación Primaria e ESO(2)

54

26

21

65

166

 

Educación especial

15

2

3

15

35

TOTAIS

365

121

111

362

959

(1) Inclúen os centros que imparten só educación primaria
(2) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

No referido ao profesorado, os datos estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.149 docentes.

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así, este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 75.699, das cales 14.449 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 437 comedores, deles 302 de forma directa e 135 de forma indirecta,  (a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos). Pola súa banda as ANPAS son responsables de 131 comedores e os Concellos de 50. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de máis de 4000 comensais en 50 centros escolares dos Concellos de Ames, Betanzos, Cangas, Ferrol, Gondomar, Manzaneda, Meaño, Mugardos, Muíños, Lugo, Oroso, Ponteareas, Santiago de Compostela e Sarria. Así mesmo a Consellería facilita subvencionar o servizo de comedor escolar a 494 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de convenios con 13 entidades.

No que atinxe ao transporte, prestarase servizo –segundo as estimacións provisionais- a 90.001 alumnas e alumnos de 765 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 301 alumnos de centros de educación especial que non son públicos a través de convenios cunha ducia de entidades. Deste xeito Galicia volve ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.