Período extraordinario de admisión a ciclos formativos. Presentación de solicitudes e ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Lun, 03/09/2018 - 11:01

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 11 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime, modalidade e grao; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.