A Consellería de Educación manterá a proposta de 400 prazas de novo ingreso no grao de medicina para o curso 2011/2012

José Alberto Díez de Castro recordou que na Conferencia Xeral de Política Universitaria estableceu no 2008 a necesidade de incrementar o número de prazas xa existentes en outras 2.000, en toda España

A oferta de prazas basease en estudos prospectivos realizados en todas as comunidades autónomas polas súas correspondentes consellerías de Sanidade

Mar, 10/05/2011 - 14:01

O secretario xeral de universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, José Alberto Díez de Castro, recordou hoxe na súa intervención no parlamento que na Conferencia Xeral de Política Universitaria de 2007 estableceuse a necesidade de ampliar, polo menos en dous mil prazas a oferta de novo ingreso no grao de Medicina ata o 2012-2013.

Deste xeito continuase co acordoado no propio Parlamento en decembro de 2009, e coa unanimidade de dos tres grupos que instaba a Xunta para que “garanta a cobertura das necesidades de profesionais da medicina facilitando a ampliación do numerus clausus e continuando na colaboración coa universidade e co Ministerio de Sanidade e Política Social. Debería ampliarse o número de prazas a 400 para o curso 2010-2011 e a posibilidade de seguir ampliando segundo o estudo de necesidades e previsións do Goberno central e da Comunidade Autónoma”.

Con todo isto Díez de Castro recordou que o pasado curso a Universidade de Santiago propuxo manter o número de novos estudantes en 350 prazas e que a Consellería ampliouno ata 400 para así cumprir co comprometido, cifra que foi aprobada pola Conferencia en Madrid. Unha ampliación acorde coas necesidade existentes no sistema sanitario tal e como marca un estudo prospectivo realizado sobre este particular, e do mesmo xeito que acontece no resto das comunidade autónomas.

Do mesmo xeito o secretario xeral de universidades asegurou que para o cursos 2011-2012 proporase na Conferencia Xeral de Política Universitaria que se celebrará o vindeiro luns que o número de prazas para novos estudantes sexa de 400.

Menús News node R